Asmodee

Dobble Clásico

Xogo de cartas de rapidez visual: gaña quen ve antes o símbolo repetido

Idade
De 6 a 12 anos
Prezo
entre 10 e 20 €

Quérelo antes de Reis? Coa proba gratuíta de Prime, de 30 días, o envío rápido é de balde en moitos produtos. Probar Prime de balde (ábrese nunha lapela nova; ligazón de afiliado)

Por que acerta

Explícase nun minuto e un cativo de seis anos pode gañarlles aos pais sen que ninguén se deixe. Entre dúas cartas calquera hai sempre un único símbolo en común e hai que cantalo antes que os demais. Cabe nunha mochila, así que acaba viaxando á aldea, á praia e á casa dos avós.

O noso veredicto

O regalo de cumpreanos de clase que case nunca falla, sempre que non o teña xa: pregunta antes. Se o ten, mira Taco Gato Cabra Queso Pizza, que custa parecido.

Gustaralle se

  • é rápido de reflexos
  • hai irmáns de idades distintas
  • queredes algo que se poida levar de viaxe

Ten en conta

  • bérrase bastante
  • a quen se frustra perdendo por velocidade pódelle custar

Que trae

  • 55 cartas con máis de 50 símbolos
  • Partidas duns 15 minutos
  • Idade indicada: desde 6 anos
  • Formato de peto

Ver o prezo en Amazon(ábrese nunha lapela nova; ligazón de afiliado)

En calidad de Afiliado de Amazon, obtengo ingresos por las compras adscritas que cumplen los requisitos aplicables.

Parecidos, por se este non encaixa